20 dic 2011

O BOSQUE DE CORES...


Coñecedes esta película?
Proximamente...

2 dic 2011

POR QUE É BO QUE OS NENOS E AS NENAS...

. . .APRENDAN BEN O GALEGO?

Preme na foto e mira unha morea de bos motivos polos que aprender, falar e coidar a nosa lingua. . .
E ti?
Tes máis?

29 nov 2011

22 nov 2011

MEMORIAS...

Lembrades que o outro día vos comentei que o libro de Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego, está de 50 aniversario?
Déixovos unhas ligazóns para que vos informedes, xoguedes, leades e sobre todo gocedes con este marabilloso libro.

17 nov 2011

ANIMACIÓN Á LECTURA

11 nov 2011

A TODO PORCO LLE CHEGA O SEU...

...SAN MARTIÑO!!
HOXE, 11/11/11, É, COMO CADA 11 DE NOVEMBRO, O DÍA DO PEÓN, E TAMÉN O DÍA DO SAN MARTIÑO:
"POLO SAN MARTIÑO, PEÓNS AO CAMIÑO"... OU ...CASTAÑAS E VIÑO"... OU NOCES A ROLIÑO"... OU...O INVERNO VÉN DE CAMIÑO"...
SABEDES MÁIS DITOS?

Lembrades a canción da Banda Ourensóns, Coma o trompo?

Dá unhas gañiñas de mover o traseiro...ou os lapis!!

8 nov 2011

HUECCO: DAME VIDA

O cantante Huecco promove esta iniciativa, "Dame vida", que vai supór unha acción benéfica sen precedentes. Música e deporte unidos por unha boa causa: levar a luz a sitios nos que aínda é un soño...

Como?
Pois Huecco escribiulle unha canción a unha pelota moi especial: é unha pelota de cor verde esperanza diseñado por dúas mozas estadounidenses, que fai maxia!! si, si, é máxico!!
Veredes: instalaron uns acumuladores de enerxía dentro da pelota para que se recargara coas patadas e poder aproveitar esa enerxía posteriormente.Chámase sOccket: 15 minutos con él e é capaz de acumular enerxía dentro para enchufarlle una lámpada LED e xerar horas de luz.
Para saber máis, preme aqui.

A canción vaivos encantar, ben o sei eu...hai un montón de caras coñecidas!!!

3 nov 2011

XOSÉ NEIRA VILAS

Hoxe está de aniversario o noso veciño máis ilustre, o escritor Xosé Neira Vilas. Dende aquí mandámoslle unha forte aperta e os nosos parabéns!
:-)
E un sorriso de agasallo, que nunca vén mal...

Non sei se o sabedes pero el é o autor do libro máis lido da historia da literatura galega: Memorias dun neno labrego. Foi traducido a moitísimas linguas, coma o chinés, o alemán, o inglés, o ruso ou o checo... . Publicouse no ano 1961, e conta a historia de Balbino, un rapaz da aldea de Gres.
O libro comeza así:

"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre."


Anímovos a que o leades. Eu xa o fixen, e encantoume. Ademais este é un ano especial, porque, se botades contas, veredes que Memorias dun neno labrego cumple 50 anos.

30 oct 2011

O OUTONO

Moi, moi recomendable.

Información e xogos sobre esta época do ano na que os días se tornan fríos e chuviosos e a natureza muda de roupa.

Aprende xogando con esta actividade LIM todo sobre cogomelos e árbores autóctonas galegas...



28 oct 2011

ACTIVIDADES SOBRE CONTOS DE BRUXAS

E AGORA...A MOVER O ESQUELETO!!

A mover o esqueleto, nunca mellor dito...je je...e a cantar con este playbak!!!!

XOGUEMOS A VER O QUE SABEMOS...


Para os meus peques querid@s...





27 oct 2011

O SAMAÍN!!

,
PREME E ESCOITA

26 oct 2011

CHEGAN O OUTONO E O SAMAÍN

Lembrade que podedes ver as distintas fotos premendo arriba na páxina que di "Exposicións"

17 oct 2011

O BOSQUE:DEFINICIÓNS E TIPOS

Visita estes enlaces para saber un pouco máis:

Na Wikipedia, máis completo.
Unha páxina mexicana, con explicacións simples e ilustracións chulísimas.

Quen come a quen?

Neste libro electrónico no que poderedes atopar multitude de datos, coma este mapa que vos achego:



 
En vermello: superficie boscosa perdida
En verde: superficie boscosa que permanece


14 oct 2011

E OUTRO MÁIS...

Para traballar coa música e coa plástica

11 oct 2011

OUTRO XOGO

Este é para os máis peques... : ÁRBORES MÁXICAS CERCA DO CAMPO DE FÚTBOL

5 oct 2011

5 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DA DOCENCIA

Non está de máis recordalo...ESCOLA PÚBLICA DE TOD@S E PARA TOD@S!!!! 


Este é o noso particular xeito de celebrar este día

4 oct 2011

O BOSQUE ENCANTADO

Buscando por internet, nestas tardes que me quedo aquí soíña e me aburro tanto...atopei este fermoso bosque. É un bosque encantado no que se poden admirar máis de cen esculturas do artista Bruno Torfs, en Marysville (un lugar cerca de Melbourne, Australia).
A comezos de 2009 foi destruído, lamentablemente, por varios incendios, pero agora estano reconstruindo.

30 sept 2011

A BIBLIOTECA: A ÁRBORE SABIA DO NOSO BOSQUE

Para ir abrindo boca coa temática deste ano...

28 sept 2011

22 sept 2011

A DESEXADA OU TEMIDA VOLTA AO COLE...


Paréceme que hai moitos Felipes no noso colexio... :-)


...E POUCAS MAFALDAS!!!!

12 sept 2011

7 jun 2011

A GOTA ROQUEIRA

Para repasar, así de xeito divertido... 

14 may 2011

A REBOLIÑA QUERE SABER...

Ola nenos e nenas!!!!!!!
Como vexo que de vós non sae mandarme contos, debuxos e cousiñas para animarme (bueno, hai quen si, e aproveito para darlle as reboligrazas:-), propóñovos este novo espazo no noso blog a ver se serve de "empuxonciño":
A REBOLIÑA QUERE SABER...COUSAS SOBRE A AUGA!



Preguntas para os nenos e nenas de Infantil de 3-4 anos:
-Para que podemos empregar a auga?
-Dicídime lugares nos que hai auga.
Preguntas para os nenos e nenas de Infantil de 4-5 anos:
-Cal é o animal máis grande do mundo
que vive na auga?



-En que se diferencian os mares dos ríos?



Preguntas para os nenos e nenas de primeiro:

-Por onde beben os elefantes? Cantos litros de auga beben ao día?
-Que é a suor e por que suamos?

Preguntas para os nenos e nenas de segundo:

-Por que cando vai moito, moito frío, as tuberías da auga rebentan?
Porque  cando  hai temperaturas   baixo  cero a auga conxélase e expándese, entón empuxa dentro da tubería ata que a rebenta.
-Canta auga entra e sae do corpo ao día?
O noso corpo, en condicións normais, entre 2,5 e 3 litros  diarios de auga. Facendo deporte ou en días de calor, podemos beber o doble ou o triple de auga.
Bebemos de 1a 1,5 litros e o resto tomámola cos alimentos.
            
Preguntas para os nenos e nenas de terceiro:

-Qué é unha charca de marea e que animais viven nela?
Unha charca de marea é un refuxio de auga entre as rochas da praia. Nela viven as estrelas de mar, cangrexos e caracois.
-Canto miden as follas de nenúfar máis grandes e en que parte do mundo se atopan?
As follas de nenúfar máis grandes miden ata metro e medio de diámetro, e atópanse en América do Sur.
Preguntas para os nenos e nenas de cuarto:

-Cal é o lago máis profundo e máis vello do mundo?
O lago Baikal en Asia, que mide 1620 metros, ademais é o máis vello, xa que ten uns 25 millóns de anos.
-Cales son as nubes máis grandes que son de tormenta e traen tronos e lóstregos?
Son as cumulonimbos. Algunhas miden máis que o Everest.

Preguntas para os nenos e nenas de quinto:

-Que chega antes, o trono ou o lóstrego? Por que?
O lóstrego, porque a luz é máis rápida que o son.
-Cales son as consecuencias máis graves do quecemento global?
Derreteríase parte dos polos, inundando as costas e anegando as terras baixas de todo o planeta. Habería máis olas de calor, sequías, furacáns e chuvias torrenciais.
Temos que tentar evitar este desastre reducindo as emisións de dióxido de carbono e fomentando o uso de enerxías limpas.


Preguntas para os nenos e nenas de sexto:

-Canto pesarías se o teu corpo non tivese auga?
No noso corpo temos un 65% de auga.
Eu Vanesa, sen auga pesaría 18 kg.
Eu, Brais E., pesaría 14 kg.

                                         
-Onde comeza a vida no Planeta Terra?

10 may 2011

PODES FALAR EN GALEGO

Aí vai o tema que cantaremos este ano na celebración das Letras Galegas:

PODES FALAR EN GALEGO
(pois iso :-)

É un tema dos Carunchos

29 abr 2011

A VER CANTO SABEDES

Entrade nesta páxina a ver se sabedes tanto da auga como dicides...




Aqui tendes outra, máis encamiñada a repasar conceptos do segundo ciclo.

AGORA ESCRIBE TI PARA QUE OUTROS LEAN

CHIP

UNHA PÁXINA PARA SOÑAR...

Busca, pincha, arrastra...cada debuxo esconde un recuncho curioso...


En castelán, atopamos este estupendo alfabeto interactivo...

27 mar 2011

XA CHEGOU...

Aínda que con este tempo case non nos enteramos...cambiamos de estación!!!


Música: Primavera  (Allegro) das Catro Estacións de Antonio Vivaldi

24 mar 2011

OS SONS DA AUGA

19 mar 2011

ESTAMOS FEITOS UNS TITIRITEIROS!!!

O xoves a nosa bibiblioteca sofreu unha invasión de marionetas e títeres da máis diversa calaña...
TÍTERES
Moitas grazas Andrés por traernos un anaquiño do teu pequeno mundo marabilloso, e por ensinarnos a facer un amigote dun anaco de tea, uns pauciños, e moooooita imaxinación :-)

18 mar 2011

MACACO

Ehhh!
A Reboliña ten o novo vídeo do mes, e este si que vai arrasar...
Ademais, coido que vos quere propór algunha actividade con ela. Estade atentos a vindeira semana, que xa sabedes que hai unha data especial!!


Mensajes del agua, de MACACO, PUERTO PRESENTE

14 mar 2011

FERVENZAS DE GALIZA


Bonitas fotos da nosa terra...
Grazas a Manolo Castro (que foi o meu mestre hai xa uns cantos aniños...) por estas imaxes marabillosas.
 E que ademais non debe faltar ningunha fervenza!!!!!

10 mar 2011

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Como sabedes, antonte celebrouse O Día Internacional da Muller, e aínda que ese día nos atopabamos de vacacións, hoxe celebrámolo á nosa maneira.

 

Eliximos o libro O Libro dos Porcos, aínda que hai moitíííísimos máis.

Se vos interesa o tema visitade esta páxina: O recanto de Mik






Outra páxina para repasar:

Webquest

22 feb 2011

NOVA SECCIÓN

Nace aquí unha nova sección do noso biblioblog: O vídeo musical do mes, que aparecerá na barra lateral esquerda.
Non dubidedes en mandarnos suxerencias!!!!! :-)

14 feb 2011

O AMOR NA LITERATURA

Reparastes na cantidade de autores que se decantan polo tema do amor e o corazón para escribir os seus libros?


Eu estiven lendo algún e púxenme do máis...romántica!!!!

Bicos e apertas amorosas,
Reboliña Fai Deberes

1 feb 2011

Día da Paz

No cole celebramos o día da Paz.