2 dic 2013

FOMOS DE EXCURSIÓN:VISITA Á FUNDACIÓN NEIRA VILAS.



O xoves 14 de novembro fixemos unha saída moi interesante, 1º fomos visitar a Fundación do noso querido veciño Xosé Neira Vilas. Vimos a biblioteca, o seu museo e contounos moitas cousiñas... Logo desprazámonos ata as Illas de Gres para merendar, xogamos e tamén a Patrulla Verde fixo unha labor moi interesante: dedicouse a recoller o lixo. Que ben o pasamos!!

SE QUEREDES VER AS FOTOS DA SAÍDA PREME NA IMAXE.

 

15 nov 2013

O DÍA DAS BIBLIOS

O pasado martes 29 de outubro celebramos no colexio O Día das Biblios.  
Foi moi divertido!
Os peques visitaron a biblio para saber algo máis dela; colocamos os novos marcapáxinas, repartimos as mochilas viaxeiras  e despois para rematar a festa tivemos unha sesión de contacontos!!

24 oct 2013

PROXIMAMENTE...

Proximamente poderedes asistir ao estreo de "As contas da casa non ditan coas da feira".

Para ver o trailer, pincha na Rebo

15 oct 2013

OS PEQUES FAN ZUME DE UVA

Pincha na foto e visita a nosa web para ver o traballadores que están os de 3 e 4 anos...


11 oct 2013

O AGARDADO VÍDEO!!

É unha das moitas cousas que tinhamos pendentes do ano pasado... non damos feito!!


Grazas polas fotos preciosas que nos achegastes!!

10 oct 2013

A BIBLIO ESTÁ VIVA

É marabilloso comprobar como cada día, cada ano, cada recreo... a nosa biblioteca está máis viva.

Son moitas e moitos os peques que visitan a casa dos libros, a casa da imaxinación, da información, da experimentación, do saber, dos xogos, da música... da cultura. Entran nela para pasar un bo anaco, para escudriñar na busca dun libro ou dunha nova páxina de enredos no blog...

O esforzo destes anos comeza a dar froitos... froitos mooooi saborosos! Sen dúbida é un empuxonciño para moitas persoas, pero sobre todo para unha: unha que apostou por que este espazo fora o cerebro do noso cole... e xa o conseguiu!

E vós a seguir así!!!


8 oct 2013

DEGUSTACIÓN DA NOSA COLLEITA

Esta foi sen dúbida a parte máis divertida do proceso, verdade?
DEGUSTACIÓN DA NOSA COLLEITA

13 sept 2013

OS MÁIS PEQUES

A penas caeron un par de bágoas... estes peques son estupendos e moi alegres!!


12 sept 2013

BENVID@S!!!

Estou moi contenta da vosa volta ao cole!!
Non sabedes como vos botei de menos... case tres meses sen vervos!!! xa non podía máis.

E quero darlle un bico moi grande e especial a Brais Cores, polo seu agasallo. Brais, non sabes o feliz que me fixeches :-)



1 jul 2013

GRAZAS E BO VERÁN!!

Parece que si; parece que por fin nos imos de vacacións! 

Aínda nos estamos desperezando logo do éxito de onte... o auditorio case cheo e unhas actrices e actores que non deixan de sorprender. 
Moitas grazas, Chechu, por lembrarte de min... xa pensei que mo ía perder! 
As profes dixéronme que están moi contentas e moi orgullosas de vós, nenas e nenos. Tamén queren darlle as grazas ás mamás e papás por colaborar e facelo así de ben, sempre dispostas e dispostos a botar unha man, enchéndoo todo de enerxía positiva.

Reboliapertas e rebolibicos!


"Grazas señora!!!"
hahaha! 

4 jun 2013

COCINERO, COCINEROOOOO!!!


AÍ @S TEDES: @S "COCINITAS" DO FUTURO


Ai! que pequechas e pequechos máis guapos. Xa me gustaría a min probar esas tortitas, Álex...

:-) Rebolibicos

3 jun 2013

GRAZAS!!

Grazas David por facernos un cartaz que nos fixo sentir aínda máis orgullosas da "criatura".
;-)


Grazas tamén a Dorinda, por tocar con nós, polo banco, polo caixón e polo repolo.
A Cruz, polo outro banco e as leitugas.
A Irene, polo outro caixón.
Ás profes Carmen, Mª Jesús, Mº José, Susana e Elva, pola roupa e a feira.
A Toño e a María polo debuxo da estación.
A Senande, por facer o que lle pedimos e pola pesa.
A Asociación o Noso Lar de Visantoña, polos decorados.
Ao avó Ramón, polas historias e por facer dun anaco de tea a cabeza da Marela.
A todas e todos os que botastes unha man, dun ou doutro xeito.


Grazas aos nenos, pola paciencia e o traballo.
Un placer
:-)

23 may 2013

NORABOA!

Nenas, nenos, teatreiras, teatreiros... a miña máis sincera noraboa!!

Hoxe foi un gran día, porque se recolleron os froitos de todo o que sementastes e coidastes, con mimo e esforzo, ao longo de meses. É a recompensa de sacrificar tempo de xogo (recreos e tardes) e apostar por este proxecto.

As mestras contáronme que están moi, mooooooi contentas, e moi orgullosas de todas e todos vós.

Rebolibicos, e moito ánimo para o domingo!!!!!

22 may 2013

AS CONTAS DA CASA...

E chegou o día, por fin!!!!

Mañá ás 14:15 h. e o vindeiro domingo, ás 19:00 h., terá lugar o estreo da obra "As contas da casa non ditan coas da feira".

É a chegada á meta dun longo camiño, de moito traballo e o dobre de ilusión, do que dá conta este vídeo:


AGARDÁMOSTE!!!!

14 may 2013

OBRADOIRO DO MAIO


XA ESTÁ REMATADO, QUE VOS PARECE?

OBRADOIRO DE CHAPAS


Mirade que chulis nos quedaron as chapas!!

PARABÉNS REBOLIÑA!!



A nosa mascota cumpriu  tres aniños!! Está moi contenta no Cerdeiriñas e davos as grazas por todos os agasallos que recibiu nese día tan especial para ela. Reboliapertas !!!

3 may 2013

AS CONTAS DA CASA...


18 abr 2013

PONTE EN MARCHA...E LE!

Canto tempo rebolinhos!!
Como sabedes, xa podedes comezar a enviarnos as vosas fotos. Lembrades que ben nos quedou o ano pasado a árbore?
Podedes saír con quen vós queirades, xa sabedes, subidos a calquera medio de transporte. Animade ás vosas avoas, avós, mamás e papás.

Déixovos esta cancionciña para celebrar que o sol se dignou a saír...

Rebolibicos

9 abr 2013

O RECUNCHO D@S PAIS E NAIS

Xa había tempo que tiñamos gañas de facer un recunchiño para que as mamás, os papás, as avoas e avós... viñeran ler, e por fin o conseguimos. 
Inaugurouse o 25 de febreiro. Veu un montón de xente e o acto presentárono dúas escritoras, Consuelo Souto e Silvia Rey Souto, que son avoa e tía, respectivamente, de dous alumnos. 

Agora só queda que veñades e o decoredes con boas lecturas.

Rebolibicos


20 feb 2013

A pomba dona Paz

8 feb 2013

CHEGOU O GRAN DÍA!!!!!!!!!!

Ven e emprende unha viaxe con nós...

Hoxe no CEIP Cerdeiriñas, a partir das dúas e media, partirán coches, motos, avións, barcos, trens... cara o país do Entroido, onde reina Dona Risa e a vergoña non é benvida. 

Hai cabida para todos e todas, non vos cortedes!!!!!  Haberá música en directo e doces a fartarrrrrrr!!!!!!


4 feb 2013

A REBOLIMECA MANDA...

 
O martes se te queres divertir
coa roupa do revés terás que vir

No medio da semana 
trae na cabeza o que che veña en gana


O xoves tolearás 
e zapatos distintos traerás

O venres haberá troula e alegría,
trae o de todos os días

27 ene 2013

CONTACONTOS LIDIA E XIANA

Isto vai vento en popa, bucaneros!!!!
Xa temos outras valentes contacontos: Lidia e Xiana, que se atreven co "Gato Guille e os monstros".
Desexamos que pasades un bo rato e vos animades a.... Imitalas e contedes un conto tamén!!!!

        

23 ene 2013

"MIEDO A NO SER EL PRIMERO" Algunha vez tiveches esta sensación ?

Esta vez os encargados de contar unha historia son Brais e Christian de 4º,ademáis teñen o detalle de adicarllo a un compañeiro de 3º , Carlos.
Esperamos que vos guste!!!!




15 ene 2013


 Hoxe temos unha nova contacontos: Miriam Barros do ciclo.
Vexo que os nosos amigos piratiñas estanse animando a ler.

9 ene 2013

JONATHAN, O CAPITÁN DO NOSO BARCO!!!

Este ano as nenas e nenos de segundo ciclo imos facer unha actividade de contacontos, e Jonathan atreveuse a ser o primeiro...