23 may 2013

NORABOA!

Nenas, nenos, teatreiras, teatreiros... a miña máis sincera noraboa!!

Hoxe foi un gran día, porque se recolleron os froitos de todo o que sementastes e coidastes, con mimo e esforzo, ao longo de meses. É a recompensa de sacrificar tempo de xogo (recreos e tardes) e apostar por este proxecto.

As mestras contáronme que están moi, mooooooi contentas, e moi orgullosas de todas e todos vós.

Rebolibicos, e moito ánimo para o domingo!!!!!

22 may 2013

AS CONTAS DA CASA...

E chegou o día, por fin!!!!

Mañá ás 14:15 h. e o vindeiro domingo, ás 19:00 h., terá lugar o estreo da obra "As contas da casa non ditan coas da feira".

É a chegada á meta dun longo camiño, de moito traballo e o dobre de ilusión, do que dá conta este vídeo:


AGARDÁMOSTE!!!!

14 may 2013

OBRADOIRO DO MAIO


XA ESTÁ REMATADO, QUE VOS PARECE?

OBRADOIRO DE CHAPAS


Mirade que chulis nos quedaron as chapas!!

PARABÉNS REBOLIÑA!!



A nosa mascota cumpriu  tres aniños!! Está moi contenta no Cerdeiriñas e davos as grazas por todos os agasallos que recibiu nese día tan especial para ela. Reboliapertas !!!

3 may 2013

AS CONTAS DA CASA...