22 may 2014

LETRAS GALEGAS 2014

Visita o blog do EDLG para ver todas as fotos da nosa semana SUPERINTENSA, adicada a Díaz Castro.


15 may 2014

O CARRO

Interesante páxina na que podemos aprender o nome das partes do carro, usos...

Hai tamén vídeos, actividades para que comprobedes o aprendido e ata xogos!!

6 may 2014

O BOCATA VEXETAL!!!! Mmmmmm!!

28 abr 2014

MAREA VERDE

Interesante proposta musical para defender o noso ensino, o ensino de todos: o ensino público.



É moi parecido ao noso xogo rítmico, verdade?

23 abr 2014

AS CONTAS DA CASA...

Por fin podedes ver o vídeo completo da obra que representamos no cole o ano pasado.
Pinchade na foto:

http://vimeo.com/album/2839072

13 mar 2014

11 mar 2014

O CARRO

O carro: compañeiro imprescindible na vida do rural galego.



Interesante reportaxe na que podemos observar como era a vida no campo hai anos...


24 feb 2014

24 de febreiro: DÍA de ROSALÍA DE CASTRO


Hoxe día 24 de febreiro  é o día de ROSALÍA de CASTRO. Os que queirades estades invitados o mércores no recreo da mañá a acudir a BIBLIOTECA ao recital de poesías da autora. Os integrantes do club de lectura son os encargados de recitalas. Agardámosvos!!
Tamén temos unha exposición con libros de esta autora na entrada da biblioteca.

20 feb 2014

ENTROIDO 2014

Pincha aquí. Na páxina do EDLG atoparás información.

5 feb 2014

QUE GUAPOS!!

31 ene 2014

30 DE XANEIRO

Onte fixemos un alto na nosa rutina escolar para pensar nesta palabra tan curta e tan usada... pero non por iso realmente respectada.
Todas e todos sabemos que é a  PAZ, pero cando nos imos facendo maiores parece que a escondemos nun recuncho para que non nos moleste. Temos que mirar para os máis pequenos da casa, porque eles aínda cren que é posible vivir nun mundo sen discriminación e sen guerras. Un breve momento para a esperanza... a ver se cando eles medren :-)

Aquí vos deixamos un resumo gráfico do que fixemos ao longo do día


23 ene 2014

ESCOITADE ESTO, PEQUES

Unha música marabillosa a cargo duns musicazos... escoitádea porque nos vos ides arrepentir


22 ene 2014

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA



Pincha e visita este interesante enlace no que descubrirás a orixe dos símbolos da Paz e algo sobre a vida de Mahatma Gandhi, do recentemente falecido Nelson Mandela e de outras persoas que, grazas ao seu traballo e á súa loita, conseguiron acabar con moitas desigualdades

Nesta unidade didáctica poderás por en práctica o aprendido

17 ene 2014

SI, GÚSTANOS LER!!

10 ene 2014

O GRUPO DE TEATRO


Como sabedes, o 29 de decembro representouse no auditorio de novo O Escuadrón dos Milaghres, e foi, tamén de novo, un exitazo. Había moita xente, que quedou encantada, e nós tamén. 
Agora retómanse os ensaios para preparar o vindeiro asalto, que vai ser... (de momento mantense en segredo) ;-)

Se queredes saber máis, entrade no blog do grupo de teatro.