14 may 2011

A REBOLIÑA QUERE SABER...

Ola nenos e nenas!!!!!!!
Como vexo que de vós non sae mandarme contos, debuxos e cousiñas para animarme (bueno, hai quen si, e aproveito para darlle as reboligrazas:-), propóñovos este novo espazo no noso blog a ver se serve de "empuxonciño":
A REBOLIÑA QUERE SABER...COUSAS SOBRE A AUGA!



Preguntas para os nenos e nenas de Infantil de 3-4 anos:
-Para que podemos empregar a auga?
-Dicídime lugares nos que hai auga.
Preguntas para os nenos e nenas de Infantil de 4-5 anos:
-Cal é o animal máis grande do mundo
que vive na auga?



-En que se diferencian os mares dos ríos?



Preguntas para os nenos e nenas de primeiro:

-Por onde beben os elefantes? Cantos litros de auga beben ao día?
-Que é a suor e por que suamos?

Preguntas para os nenos e nenas de segundo:

-Por que cando vai moito, moito frío, as tuberías da auga rebentan?
Porque  cando  hai temperaturas   baixo  cero a auga conxélase e expándese, entón empuxa dentro da tubería ata que a rebenta.
-Canta auga entra e sae do corpo ao día?
O noso corpo, en condicións normais, entre 2,5 e 3 litros  diarios de auga. Facendo deporte ou en días de calor, podemos beber o doble ou o triple de auga.
Bebemos de 1a 1,5 litros e o resto tomámola cos alimentos.
            
Preguntas para os nenos e nenas de terceiro:

-Qué é unha charca de marea e que animais viven nela?
Unha charca de marea é un refuxio de auga entre as rochas da praia. Nela viven as estrelas de mar, cangrexos e caracois.
-Canto miden as follas de nenúfar máis grandes e en que parte do mundo se atopan?
As follas de nenúfar máis grandes miden ata metro e medio de diámetro, e atópanse en América do Sur.
Preguntas para os nenos e nenas de cuarto:

-Cal é o lago máis profundo e máis vello do mundo?
O lago Baikal en Asia, que mide 1620 metros, ademais é o máis vello, xa que ten uns 25 millóns de anos.
-Cales son as nubes máis grandes que son de tormenta e traen tronos e lóstregos?
Son as cumulonimbos. Algunhas miden máis que o Everest.

Preguntas para os nenos e nenas de quinto:

-Que chega antes, o trono ou o lóstrego? Por que?
O lóstrego, porque a luz é máis rápida que o son.
-Cales son as consecuencias máis graves do quecemento global?
Derreteríase parte dos polos, inundando as costas e anegando as terras baixas de todo o planeta. Habería máis olas de calor, sequías, furacáns e chuvias torrenciais.
Temos que tentar evitar este desastre reducindo as emisións de dióxido de carbono e fomentando o uso de enerxías limpas.


Preguntas para os nenos e nenas de sexto:

-Canto pesarías se o teu corpo non tivese auga?
No noso corpo temos un 65% de auga.
Eu Vanesa, sen auga pesaría 18 kg.
Eu, Brais E., pesaría 14 kg.

                                         
-Onde comeza a vida no Planeta Terra?

No hay comentarios:

Publicar un comentario