3 nov 2011

XOSÉ NEIRA VILAS

Hoxe está de aniversario o noso veciño máis ilustre, o escritor Xosé Neira Vilas. Dende aquí mandámoslle unha forte aperta e os nosos parabéns!
:-)
E un sorriso de agasallo, que nunca vén mal...

Non sei se o sabedes pero el é o autor do libro máis lido da historia da literatura galega: Memorias dun neno labrego. Foi traducido a moitísimas linguas, coma o chinés, o alemán, o inglés, o ruso ou o checo... . Publicouse no ano 1961, e conta a historia de Balbino, un rapaz da aldea de Gres.
O libro comeza así:

"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre."


Anímovos a que o leades. Eu xa o fixen, e encantoume. Ademais este é un ano especial, porque, se botades contas, veredes que Memorias dun neno labrego cumple 50 anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario