1 feb 2012

SON MOOOOOI FELIZ!!

Aaaaaaahhhhhhhh!!!!!! Agora entendo!!
Por iso vos vía andar cargados de arriba para abaixo... e ese olor a disolvente ou pintura, non sei, que non había quen parara (como sabedes o olfacto non é o meu sentido máis desenvolvido... non teño naris!!!!).
Andivestes pintando? de que cor? Contádeme máis que morro de curiosidade. Quedou chula?
Podiades poñerme algunha foto...

E eu que estaba intranquila coas moitas voltas que dabades algúns, e mira ti por onde...
TEMOS UNHA NOVA BIBLIO!!!!

Paréceme xenial, porque o certo é que a outra estaba ben bonita, tes razón Noelia, pero quedaba un pouco a desmán; eu xa case non subía porque me resultaban incomodísimas tantas escaleiras. E ademais facía frío nela e o teito estaba bastante deteriorado... menos mal que tivestes esa idea de cubrilo simulando o ceo: sodes super apañadiñ@s!!
Así que con un pouco de pena, si, pero o cambio foi para mellor...PARA MOITO MELLOR!!

Oe Rubén: por que pensas que puxeron unha "esterilla" na biblio? eso non o entendín moi ben... Ás veces as profes teñen cada cousa!!
Noe: o traballo segue estando aí, non se perdeu, e agora verase mellor ca nunca...

: - )

No hay comentarios:

Publicar un comentario