10 oct 2013

A BIBLIO ESTÁ VIVA

É marabilloso comprobar como cada día, cada ano, cada recreo... a nosa biblioteca está máis viva.

Son moitas e moitos os peques que visitan a casa dos libros, a casa da imaxinación, da información, da experimentación, do saber, dos xogos, da música... da cultura. Entran nela para pasar un bo anaco, para escudriñar na busca dun libro ou dunha nova páxina de enredos no blog...

O esforzo destes anos comeza a dar froitos... froitos mooooi saborosos! Sen dúbida é un empuxonciño para moitas persoas, pero sobre todo para unha: unha que apostou por que este espazo fora o cerebro do noso cole... e xa o conseguiu!

E vós a seguir así!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario